Tradución

Servizos de tradución

As miñas linguas de partida son
o alemán, o bosnio, o croata, o esloveno, o inglés, o portugués e o serbio.

As miñas linguas de chegada son o castelán e o galego.

Tamén traduzo entre o galego e o castelán e viceversa.

Ademais son tradutor xurado de galego e inglés.

Galego

Castelán

Traducións ben feit(iñ)as

O meu obxectivo profesional é proporcionarlle o cliente sempre o mellor resultado. Consecuentemente só traduzo ao galego e ao castelán.
Ademais só acepto os proxectos nos que teño a certeza de que os podo entregar a tempo e co máximo nivel de calidade.
Como tradutor xurado podo realizar traducións do galego ao inglés. Nos casos nos que acepto realizar ese tipo de proxectos, un corrector nativo de inglés ha revisar a miña tradución antes de lla entregar ao cliente.

Eidos de especialización

Actualidade e política

Turismo

Documentación xurídica

Historia e literatura

Xornalismo

Deportes

Subtitling and localization

Ferramentas

No tocante ao uso de programas TAO, son propietario das versións SDL 2019, SDL MultiTerm Extract e MemoQ; teño ampla experiencia traballando con Memsource e Wordbee. Uso Xbench para aumentar a calidade do meu traballo.

Pode pórse en contacto comigo en info@jairo.eu se precisase un orzemento sen compromiso ningún.

Galego