Presentación

Chámome Jairo Dorado Cadilla e traballo como autónomo no eido da tradutor, intérpretación e localización. Levo máis de 15 anos traducindo, interpretando e localizando dende o alemán, bosnio, croata, esloveno, inglés, portugués e serbio ao castelán e ao galego. Prema aquí para descargar o meu CV dende unha nova pestana.
Son Licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo (2002). Obtiven tamén un DEA en Tradución e Paratradución pola Universidade de Vigo (2007). O tema do meu TIT foi a ideoloxía nas traducións d’A ponte sobre o Drina de Ivo Andrić.

Nacín en Vigo, nunha familia galegofalante. Dende o ano 2000 vivín en varios países: Austria, Eslovenia, Hungría, Serbia, Bosnia e Hercegovina e, dende o ano 2013, resido en Alemaña. Son falante nativo de galego e castelán. Falo tamén con fluidez inglés, bosnio/croata/serbio, portugués e alemán; teño un bo nivel de esloveno e húngaro. Teño coñecementos intermedios de francés e italiano e coñecementos básicos de hebreo moderno e lituano.

Galego