Interpretación

A interpretación, en liñas xerais, caracterízase pola súa inmediatez: os intérpretes presentan unha primeira, e definitiva, versión dunha mensaxe expresada previamente en tempo real cun uso comunicativo inmediato.

Franz Pöchhacker

Dende hai máis de 15 anos traballo como intérprete consecutivo e simultáneo. Recentemente engadín a interpretación remota á miña lista de servizos

Prema aquí para descargar o meu CV dende outra xanela.

Dende o 2019 son Axente intérprete de conferencia (AIC) acreditado perante as institucións da Unión Europeapara traballar con croata, inglés, portugués, serbio, montenegrino, galego e bosnio ao castelán.

Dende o ano 2003 son intérprete xurado de inglés e galego nomeado pola Xunta de Galicia.

Combinación lingüística

15609039_805288079611161_124668296_o

Linguas “A”: Galego, Castelán

Linguas “C”: Alemán, bosnio, croata, esloveno, inglés, portugués e serbio

Retorno (linguas “B”): Ofrezo un retorno básico en todas as miñas linguas “C”. Dependendo de varios factores, traballo con varias das miñas linguas “C” como se fosen linguas “B” (é dicir, interpreto dende o castelán ou galego a estas linguas).
Póñase en contacto comigo para máis detalles.

Experiencia

Coma autónomo, a miña experiencia inclúe clientes de todo tipo, en todo tipo de situacións e cunha ampla variedade de temas. Alén da miña experiencia coma autónomo, traballei para a Comisión Internacional sobre Persoas Desaparecidas (ICMP) coma intérprete en negociacións diplomáticas, obradoiros técnicos, conferencias internacionais e xuntanzas intergobernamentais.
Á marxe do tema e do cliente, a confidencialidade e a neutralidade, valores fundamentais dos meus principios éticos, están garantidos.
Para a preparación do vocabulario técnico emprego SDL MultiTerm.

Pode pórse en contacto comigo en info@jairo.eu ou nos teléfonos +4915204477980 (Alemaña) ou +32483508743 (Bélxica)

Galego